6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

En marcha o comedor sobre rodas de Santa Comba

Satisfacción no goberno local pola posta en funcionamento dun servizo que levaba anos agardando unha solución.

O concello de Santa Comba puxo en marcha esta semana o servizo do “Comedor sobre rodas”, coordinado polo departamento de Servizos Sociais e que pretende mellorar a calidade de vida das persoas maiores ou con minusvalías. Fai sete anos que o pleno xalleiro aprobaba a ordenanza do servizo pero os primeiros pasos deste proxecto ata agora frustrado remóntanse algún anos máis no tempo.

O servizo comezou atendendo a seis persoas que xa eran usuarias do servizo de axuda no fogar do concello.Os primeiros menús servíronse en domicilios de Xesteira, Randufe, Montouto ou no casco urbano de Santa Comba.

 
A inscrición está aberta para os veciños e veciñas que cumpran cos requisitos aprobados na ordenanza reguladora.Poden contactar cos Servizos Sociais municipais (981.10.43.09) que son os que valoran a prestación dun servizo, que tamén se pode realizar con carácter temporal ou ante situacións de emerxencia concretas.

 
A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e a concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín, comprobaron o funcionamento do Comedor sobre rodas e non ocultaron a súa “enorme satisfacción” porque “despois de tantos anos poidamos botar a andar un servizo moi importante para veciños que o necesitan e que son unha prioridade absoluta para este goberno”, en palabras da alcaldesa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos