10.5 C
Santa Comba
viernes, diciembre 8, 2023

O BNG reclama unha base de salvamento marítimo para a Costa da Morte

Ana Pontón critica a “base fantasma” de Lires nunha visita á Costa da Morte.

“Habería que preguntarse se José Blanco e Ana Pastor,non deberían pagar este despropósito dos seus petos”. Con esta afirmación a portavoz nacional do BNG sinalaba aos dos exministros de Fomento, como responsables de que a Costa da Morte teña un heliporto sen funcionar en Lires, no concello de Cee.

Pontón visitaba a zona acompañada polo responsable comarcal, Serxio Domínguez, polo alcalde de Carnota, Ramón Noceda e por edís de Fisterra, Cee, Camariñas ou Corcubión.Desde Ruibo, reclamou unha base de salvamento marítimo na Costa da Morte quince anos despois da catástrofe do Prestige. Anunciou que levará esta proposta ao Parlamento de Galicia.O Bloque tamén propón a creación dunha base de loita contra a contaminación mariña no peirao de Brens, no mesmo concello de Cee.

Pero ademais volveu a criticar a xestión do “heliporto fantasma” de Lires:“Esta base fantasma é un auténtico despilfarro de recursos públicos, pero o mais grave é que a Costa da Morte segue sen ter un servizo de salvamento marítimo rápido, unha cuestión fundamental, porque cando falamos de salvar vidas no mar cada minuto conta e cada minuto é decisivo”.

Lembrou que se gastaron preto de dous millóns de euros nunhas instalacións que están pechadas.“Non é entendible que despois de gastar dous millóns de euros nunha nave estea pechada, non é comprensible que despois do Prestige vexamos que non se avanzou nada, o que é unha proba máis da falta de respecto do Goberno central con Galiza”, afirmou Ana Pontón.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos