O alcalde Manuel Muíño valora este servizo que “evita desprazamentos”.
O concello de Zas anunciou hoxe que unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazarase ao concello de Zas os días 2 de marzo e 29 de novembro de 2018 para atender as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou do pasaporte das persoas que o necesiten.
Isto supón recuperar un servizo que se deixou de prestar fai dez anos:”Cremos que é un servizo básico e que evita desprazamentos da veciñanza até as comisarias de Santiago de Compostela ou da Coruña” comentou o alcalde Manuel Muíño Espasandín, que realizou as oportunas xestións co xefe da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela.
En cada unha das xornadas a unidade móbil da Policía Nacional atenderá a un máximo de 65 persoas, que deben pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03.