11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Dez anos despois a unidade móbil do DNI regresará a Zas

O alcalde Manuel Muíño valora este servizo que “evita desprazamentos”.

O concello de Zas anunciou hoxe que unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazarase ao concello de Zas os días 2 de marzo e 29 de novembro de 2018 para atender as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou do pasaporte das persoas que o necesiten.

Isto supón recuperar un servizo que se deixou de prestar fai dez anos:”Cremos que é un servizo básico e que evita desprazamentos da veciñanza até as comisarias de Santiago de Compostela ou da Coruña” comentou o alcalde Manuel Muíño Espasandín, que realizou as oportunas xestións co xefe da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela.

En cada unha das xornadas a unidade móbil da Policía Nacional  atenderá  a un máximo de 65 persoas, que deben pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos