Ovidio Rodeiro e Evencio Ferrero visitaron o estado das obras.
O delegado territorial,Ovidio Rodeiro, visitou este mércores as obras da senda peonil de Bértoa, acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e por outros membros da corporación local. Segundo o goberno galego as obras desta senda peonil e ciclista que conectará o polígono de Bértoa co casco urbano de Carballo rematarán este ano.
A Consellería de Infraestruturas inviste máis de 923.000 euros, o que supón o 70% do proxecto. O resto correspóndelle ao concello.A senda peonil e ciclista de Bértoa transcorre nunha distancia dun kilómetro pola marxe dereita da estrada AC-552. Terá nove metros de ancho.
A obra está incluída na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, e tamén contempla a renovación dos servizos de saneamento e pluviais, o soterramento dos servizos de electricidade, telefonía, unha zona axardinada e a habilitación de aparcadoiros onde haxa espazos para crealos. A Xunta encárgase de toda a actuación en superficie e tamén das redes de augas, mentres que o Concello executa o soterramento do tendido eléctrico e telefónico e a renovación das canalizacións de gas.