16.8 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Unha senda peonil para conectar o polígono de Bértoa co casco urbano de Carballo

Ovidio Rodeiro e Evencio Ferrero visitaron o estado das obras.

O delegado territorial,Ovidio Rodeiro, visitou este mércores as obras da senda peonil de Bértoa, acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e por outros membros da corporación local. Segundo o goberno galego as obras desta senda peonil e ciclista que conectará o polígono de  Bértoa co casco urbano de Carballo rematarán este ano.

A Consellería de Infraestruturas inviste máis de 923.000 euros, o que supón o 70% do proxecto. O resto correspóndelle ao concello.A senda peonil e ciclista de Bértoa transcorre nunha distancia dun kilómetro pola marxe dereita da estrada AC-552. Terá nove metros de ancho.

A obra está incluída na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, e tamén contempla a renovación dos servizos de saneamento e pluviais, o soterramento dos servizos de electricidade, telefonía, unha zona axardinada e a habilitación de aparcadoiros onde haxa espazos para crealos.  A Xunta encárgase de toda a actuación en superficie e tamén das redes de augas, mentres que o Concello executa o soterramento do tendido eléctrico e telefónico e a renovación das canalizacións de gas.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos