12.8 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

Analizan a potencialidade turística da feira de Santa Comba

Actividades do obradoiro Proturismo 2017 dos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría.

Os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego Proturismo 2017 fixáronse nun dos eventos sociais máis relevantes de Santa Comba, a súa feira, que exemplifica a historia e tradición comercial deste cruce de camiños.

Os alumnos da especialidade de promoción turística local e información ao visitante percorreron este pasado luns a feira xalleira realizando unha enquisa entre as persoas que estaban nos postos de venda ou na contorna do campo da feira.O obxectivo era recabar datos para posteriormente analizar a potencialidade turística e posibles actividades de promoción que se poden levar a cabo.

Este vindeiro xoves haberá unha xornada de traballo no concello de Mazaricos “ para coñecer mais de preto os recursos turísticos que o alumnado da especialidade está inventariando”.

Adecentamento de espazos verdes

Pola súa banda os alumnos da especialidade de xardinaria iniciaron as práctivas nunha zona verde situada na contorna da Casa-Escola de Castriz e nos vindeiros días desenvolverán a súa tarefa nos espazos verdes da Casa da Cultura de Santa Comba.

O Obradoiro de Emprego PROTURISMO2017 conta con dúas especialidades, con 10 alumnos/as cada unha, Promoción turística local e información ao visitante e Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e unha duración de 9 meses. Participan os concellos de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos