5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Unha festa gastronómica e música para honrar a Santa Catalina

Xantar popular e actuación de Miguel Torres, Luis Rey e o trío Master.

A comisión de festas dos Milagros recupera unha celebración que tivo moita tradición e que honra a Virxe que deu o nome a este lugar,  Santa Catalina, patrona dos estudantes e panadeiros. Será o vindeiro sábado 25 de novembro cunha festa gastronómica. Un xantar popular composto por empanada, tortilla, mexillóns, carne ao caldeiro, pan, postre e café.

Antes (13,00h) haberá unha misa na capela e unha sesión vermouth co trío Master. A música, que se prolongará durante a tarde tamén estará protagonizada por dous grandes solistas galegos, o veterano Miguel Torres e Luis Rey, da orquesta Poceiro. Haberá sorteos e unha gran queimada. Todo nunha carpa climatizada habilitada. Os tickets custan 15 euros e pódense adquirir en Bar Duca, AutoXallas, Xallas publicidade ou na propia festa.

Contan co apoio de varias casas comerciais  de Santa Comba e tamén coa colaboración de Adiante Galicia, tal e como figura no cartel anunciador.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos