9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Un millón e medio de euros en investimentos aprobados no concello da Laracha

O concello da Laracha aprobou, por unanimidade, o pasado venres nun pleno extraordinario distintas actuacións que suman un investimento de 1,5 millóns de euros na mellora das infraestruturas municipais.

O concello investirá 998.000 euros de parte do superávit e remanente do pasado exercicio económico.Con este orzamento renovarase o campo de fútbol da Porta Santa de Paiosaco(237.000 euros) e tamén se mellorarán outras instalacións deportivas municipais e levarase a cabo a instalacións de parques biosaudables en A Laracha e Caión, a dotación de mobiliario ao centro social larachés, renovación de equipos informáticos, portal municipal de emprego, ampliacións das redes de saneamento e abastecemento, melloras viarias, optimización da iluminación pública e melloras na recollida selectiva de residuos sólidos urbanos coa instalación dos novos colectores de orgánico.

Por outra parte, aprobouse unha transferencia de crédito por un importe de 235.000 euros que serán empregados na construción dos vestiarios do pavillón do CEIP Otero Pedrayo –co que a instalación quedará totalmente completada-, a creación de parques infantís nese mesmo centro de ensino, no CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e na praza O Recreo, unha pista multideportiva no parque Maximino Canedo que será a primeira de uso libre no casco urbano da Laracha e a ampliación da estrada entre Maseo e A Fraga, na parroquia de Coiro. Sobre este último proxecto, o alcalde apuntou que se trata “dun tramo da vía entre Paiosaco e Vista Alegre que estamos mellorando en varias fases nunhas obras necesarias polo volume de tráfico que soporta ao dar acceso á terceira rolda da Coruña a través da AC-523”. O rexedor municipal mostrouse agradecido “pola cesión dos terreos por parte dos seus propietarios e as facilidades que nos están a ofrecer para poder desenvolver as obras previstas”.

José Manuel López Varela explicou que esta transferencia finánciase co crédito consignado nos orzamentos para outras actuacións de investimento, pero que queda liberado porque non será posible executalas no que resta de ano ao estar sometidas a expedientes de modificacións urbanísticas e expropiacións que están en marcha, pero sen concluír.

Salientar, por último, que con cargo ao POS+2017 Adicional financiaranse as tres actuacións inicialmente previstas no POS+2017 Complementario, pero engadindo melloras por un importe duns 10.000 euros no proxecto de renovación do pavimento na rúa Manuel Murguía da capital municipal da Laracha e mellora da capa de rodadura da vía que comunica o lugar da Xesteira (Lendo) coa autoestrada AG-55. Os outros dos investimentos que se realizarán con cargo a este programa son a ampliación da calzada nun tramo da vía entre A Areosa e A Balsa (parroquia de Vilaño) e o afirmado e mellora da estrada en O Coto (Coiro).

Mellora da sinalización turística

O Concello da Laracha completou as actuacións previstas no proxecto de mellora da sinalización turística levado a cabo coa colaboración económica da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.

Nos últimos días foron colocados un total de dezaoito paneis de 1,4 metros x 1,4 metros de dimensións en localizacións estratéxicas tanto dos núcleos urbanos como de determinadas parroquias por tratarse de lugares de referencia turística no termo municipal. 

Ditos paneis están impresos polas dúas caras. Nunha delas pódese ver un mapa xeral do Concello da Laracha coa súa división por parroquias, estando situados os recursos turísticos máis relevantes e contando, ademais, cunha imaxe de cada un deles. Polo outro lado dos indicadores, nos instalados nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión hai un rueiro con todos os nomes das vías e no que están localizadas as principais instalacións públicas e os puntos turísticos de referencia. Nos das zonas rurais optouse por un mapa da correspondente parroquia incluíndo a ubicación de todos os seus núcleos de poboación e destacando os lugares que se recomenda visitar aos turistas por tratarse de elementos patrimoniais e espazos naturais de especial importancia.

Todos os paneis se instalaron en zonas de continuo tránsito peonil, en prazas e en parques públicos. A información que se ofrece nos indicadores considérase de utilidade para os turísticas, pero tamén para a veciñanza en xeral.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos