5356 fans     1475 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Mazaricos acometerá distintas melloras cos fondos adicionais da Deputación

Mazaricos acometerá distintas melloras cos fondos adicionais da Deputación

Costa da Morte | Publicada: 11/11/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 16 segundos.

Juan Blanco anuncia que o POS 2018 incluirá investimentos no abastecemento municipal. O concello licitará nun paquete a conserxería e a limpeza dos colexios.

A corporación local do concello de Mazaricos acordou co voto favorable do BNG e a abstención do PP solicitar a inclusión no plan complementario da Deputación do proxecto de acondicionamento de equipamentos e espazos libres públicos na Picota e en San Cosme de Antes, por importe de 44.994 euros.

O pleno, por unanimidade, tamén ratificou o resto dos investimentos deste plan adicional que suman uns 204.481 e dos cales o concello achega 28.414 euros. As actuacións previstas son parques en A Gueima e Ponteolveira, afirmado de camiños nas parroquias de Colúns, Chacín, Eirón, As Maroñas e Vaos, e melloras e espazos libre e construción de varios muros de contención en Colúns, Corzón e Eirón.

O portavoz do PP, Nico Martínez, expresou a súa preocupación porque se execute a mellora de camiños no inverno “porque parece que é tirar cos cartos” polas condicións meteorolóxicas.O alcalde Juan Blanco explicou que os proxectos dependen do proceso de adxudicación, e de autorizacións, pero de tódolos xeitos “se as obras non se fan ben podemos reclamar”.Por unanimidade tamén se aprobou inicialmente a ordenanza reguladora de apertura de establecementos. Ademais douse conta dos festivos locais, o día de San Xoán e o Martes de Entroido.

Na quenda de rogos e preguntas, o portavoz do PP, Martínez Almallo, interesouse pola elaboración dos orzamentos do 2018, aínda que a secretaria, Ana María Reyes, explicou varios condicionantes como a modificación das axudas da Deputación ou a non dispoñibilidade dun interventor a tempo completo, que xustifican un certo atraso na aprobación das contas.

Noutra das respostas á oposición, o alcalde anunciou que o concello ía a licitar nun paquete completo a conserxería do colexio de San Cosme e da Picota e o servizo de limpeza dos colexios de San Cosme, Pindo do Val, A Picota e a gardería.

Nico Martínez preguntou polo abastecemento de auga e o alcalde informou que a intención é “dar a captación nos puntos que sexa posible” e que no Plan de Obras 2018 destinaranse partidas con ese obxectivo se ben precisou que hai zonas “coas tuberías nun estado lamentable” polo que haberá que ir acometendo reparacións.

Outros temas que plantexaron os populares foron a demanda dun local para os veciños de San Cosme(Juan Blanco aclarou que Educación non autorizou o uso) e sobre a Semana Gandeira de Mazaricos.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Libera y la Fundación Franz Weber se oponen a las medidas contra los jabalíes autorizadas en Cariño

Libera y la Fundación Franz Weber se oponen a las medidas contra los jabalíes autorizadas en Cariño

 La asociación Libera y la fundación Franz Weber, que reclaman un mayor respeto a los animales, han criticado hoy la …

Ler máis
CIG denuncia un fraude electoral en la aprobación del convenio colectivo de Ferroatlántica

CIG denuncia un fraude electoral en la aprobación del convenio colectivo de Ferroatlántica

Para la organización el nuevo convenio usurpa la representación de las fábricas de Cee y Dumbría y de las centrales …

Ler máis
El alcalde de Santiago apela a la libertad de expresión en relación al pregón del Carnaval

El alcalde de Santiago apela a la libertad de expresión en relación al pregón del Carnaval

Sobre la admisión a trámite de la querella dice que no son “tiempos de la inquisición”    (EFE).- El alca…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Autos Xallas
Feira Outono Santa Comba 2018
RiXallas Santa Comba 2018
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Los Reyes desnudos de la política

Xosé Manuel Lema Mouzo

Yo sigo viendo Reyes. Y están desnudos!. El cuento de Andersen aplicado a la política. No por tópico y conocido deja de tener vigencia aquel cue…

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

La Hélade entonces y la España actual. Mujeres y hombres y viceversa

José Gilgado

La vida del hombre en sociedad requiere la asunción de unas pautas de comportamiento que garanticen la viabilidad del proyecto común. Las leyes regu…

José Gilgado
Ler máis

El nerviosismo que genera el crecimiento meteórico de Vox

Pablo Cancio

Varios días antes de tener lugar el acto de VOX en el Palacio de Vistalegre, bastión de la izquierda en Carabanchel, ya estaba colgado el cartel de …

Pablo Cancio
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información