14.3 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Cine para concienciar en Santa Comba

ArteSáns de Cultura e o concello de Santa Comba organizan unha actividade que terá continuidade o vindeiro 24 de novembro.

O pasado venres o multiusos de Santa Comba acollía a primeira xornada dun “Cine-Fórum” que ten por obxectivo concienciar sobre a problemática da violencia machista. Proxectábase a película “Princesas” e logo había un coloquio.

“Estamos moi contentas coa acollida que tivo a actividade xa que aínda que non houbo demasiada asistencia, vimos que algunhas persoas si se interesaron e asistiron”. Esta é a valoración que facían para Adiante Galicia desde a asociación ArteSáns de Cultura, que xunto co Centro de Información á Muller do concello de Santa Comba organizan este actividade.

As mesmas fontes apuntan a que o “debate foi curto pero claro”, pero entenden que se trata dunha actividade nova e esperan “que pouco a pouco se vaian animando” e a participación vai medrando.Neste acto participou a alcaldesa María Pose.

Fotograma da película «No estás sola Sara»

A seguinte cita, o 24 de novembro

Desde ArteSáns de Cultura no ocultan a súa ledicia por “colaborar co concello e poder ir sacando actividades para o pobo”.E lanzan unha mensaxe aos mozos do pobo para que asistan á segunda xornada do Cine-Fórum porque vaise a proxectar “unha película dirixida a eles” e que pretende“facelos reflexionar sobre a violencia xuvenil tan presente na actualidade”.

A película que se vai a emitir é “No estás sola Sara”.Será o vindeiro venres 24 de novembro a partir das 10 da noite no auditorio do multiusos. A entrada é de balde.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos