12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Roberto García:“A campaña Ruralízate é falsa.Non hai impostos cero no rural”

Declaracións do secretario xeral de Unións Agrarias no Adiante Galicia. Conversamos brevemente con Roberto García sobre a mobilización prevista para o vindeiro 18 de novembro en Santiago de Compostela.

P- Porque agora esta mobilización?

R-Hai unha reacción de indignación. Está coincidindo cunha campaña que está facendo a Xunta, “Ruralízate”, impostos cero, que non só é falsa senón que está trasladando unha imaxe á poboación urbana de que temos un trato fiscal diferenciado pero o que está pasando no rural é todo o contrario.

Estamos nunha situación moi grave. Hai un abandono masivo do rural e das terras.O 55% dos titulares das explotación teñen máis de 50 anos. Os políticos falan de que saímos da crise, pero hai que recuperar tódolos servizos públicos que se desmantelaron.

Temos que ter un mellor acceso a internet, hai que acabar coa persecución permanente de Facenda que a centos de mozos, que pola mañá danlle unha axuda para a incorporación e pola tarde cobraselle un imposto de máis dun trinta por cento e se lle obriga a declarar toda a axuda nun só ano. Está habendo inspeccións pola cesión de pagos da PAC entre pais e fillos.Hai un incremento brutal  na valoración das instalacións agrarias co “Catastrazo”.E seguimos cos prezos do leite máis baixos de toda Europa. Fronte a todo isto, queremos que se dignifique a profesión e se acabe con esa falsa imaxe dos impostos cero.

P-Pedides cambios no goberno ou no xeito de gobernar?

R-Ten que haber un cambio de políticas. De pouco vale que cambiemos a unha conselleira se o presidente Feijóo segue facendo as mesmas políticas. Despois de que víramos os lumes moi cerca e o momento de ver que a única forma de apagar o lume é coidando o rural. Tódolos anos hai incendios pero onde hai prados, leiras e camiños limpos as brigadas xestionan o lume. Onde non hai actividade agrogandeira os lumes chegan ata as casas  e poñer en risco ás persoas porque non é posible xestionalos.

Hai que ordenar o monte e facer cumprir a normativa que impide plantar eucaliptos en terras agrarias. Os incendios de Portugal e de Galicia deberían facer reflexionar.

P-Entendo que agardades que haxa unha mobilización importante ..

R-Estamos ante unha mobilización que non é só de gandeiros senón da xente que vive no rural que quere poñer de manifesto que temos os mesmos dereitos que os que viven na zona urbana.

Que todo o presuposto que ven de Bruxelas e o que dispón a Xunta de Galicia se destine a facer un plan de traballo que permita cambiar cousas.Cada día é máis difícil vivir no rural porque non hai servizos.

Se desaparece o agricultor, a Xunta terá que destinar máis fondos a loitar contra o lume,e o pequeno comercio das vilas empezará a ter a seguinte crise porque sen a riqueza que xera o sector agrogandeiro e moi difícil que o comercio viva en vilas como Santa Comba, Negreira ou a Baña.

 
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos