Poxa de Xovencas, Xornadas técnicas, concursos, exposicións, xogos, activididades extraescolares e un concerto da Banda de Balbina.
A granxa tecnolóxica de Pazos acolleu a presentación da Semana Gandeira do concello de Mazaricos que se vai celebrar entre o 27 de novembro e o 3 de decembro deste ano.
O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, destacou a variedade do programa que persegue “poñer en valor os gandeiros que son motor económico principal de Mazaricos”. O presidente da asociación Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco, falou das xornadas técnicas do sector lácteo que se celebran o sábado 2 de decembro, que serán clausuradas pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e contarán con varios relatorios.”Este ano que foran máis prácticas e que as cousas que se falaran aquí as poidamos aplicar as nosas explotacións”.
A presidenta de Eu Son Mazaricos,Janet Martínez, explicou as actividades nas que colabora este colectivo, nunha vertente “máis lúdica e orientada aos nenos”. Martínez anunciou que “a mazarica vai a ir polos colexios porque é o símbolo da Semana Gandeira”. Ademais haberá un concurso de fotografía con varios apartados, de relato curto e de postres lácteos, xogos, un concerto da Banda de Balbina, así como unha exposición fotográfica e de sanscosmeiros(coa colaboración da asociación cultural de Antes).
Pola súa banda, José Moreira, de Africor Coruña, detallou diferentes cuestións da Poxa de xovencas de raza frisona que terá lugar o domingo 3 de decembro no recinto feiral da Picota. Sairán a venda uns 35 animais dos cales “hai dez de moi alto valor xenético e incluso descendentes de embrións”.Moreira dixo que a poxa estaba orientada tanto “para ganderías especializadas como outras que necesiten animais para a reposición na produción de leite”.Desde Africor destacan o “avance xenético” experimentado polas explotacións da comarca.
A organización corresponde ao concello de Mazaricos, Gandeiros de Mazaricos, Africor Coruña e Eu Son Mazaricos, co patrocinio de Abanca e a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, SAT Busto Corzón, Pensos Alborés e a revista Afriga.