14.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Premio para o proxecto Naturalízate do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba

O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba premiado no certame de  Proxectos de Innovación Permanente do Profesorado 2017.

Ledicia entre o profesorado polo premio

“Foi unha actividade na que traballamos moi duro durante todo o curso e todos os mestres e mestras estamos moi contentos con este recoñecemento que nos permitirá este novo curso realizar moitas máis actividades” aseguraban desde o C.E.I.P. Barrié de la Maza días despois de coñecer que eran un dos tres centros elixidos pola consellería de Educación, Cultura e Innovación Universitaria para os premios a Proxectos de Innovación Permanente do Profesorado 2017.O premio está dotado con 2.000 euros.

O centro xalleiro presentou o proxecto “Naturalízate” que consistiu en catro sesións de docencia “que nos permitiron coñecer as distintas fases e tarefas na realización dun proxecto e analizar o traballo por proxectos, para posteriormente aplicar os coñecementos adquiridos durante as sesións de docencia do curso, cohesionando os diferentes traballos tanto a nivel de aula como a nivel de centro e implicando outros plans do colexio como Abalar, Tics, PDC, Biblioteca, etc” indican.

Finalmente realizaron unha exposición final que se presentou á comunidade educativa e a outras entidades como o concello de Santa Comba ou a Consellería de Medio Ambiente.

Actividades relacionadas coa natureza

Todas as actividades tiveron relación coa natureza:coidado e mantemento dun horto escolar, manualidades, expositores de prantas, reciclaxe, murais, compostaxe, técnicas de loita contra a avespa asiática, traballo con cogomelos, inxertos, clasificación das prantas do noso centro, elaboración de murais e folletos publicitarios, mellora das instalacións escolares, traballo do tempo atmosférico, elaboración dun parque eólico con material de reciclaxe, charlas informativas, etc..

Ademáis as actividades tradicionais do concello como eo Entroido ou o Nadal tiveron relación co proxecto Naturalízate.

Contido innovador e transferibilidade do proxecto

Con respecto a estes premios desde a Consellería de Educación indicaron que:”“para a concesión dos premios valorouse o contido innovador e transferibilidade do proxecto, os recursos tecnolóxicos utilizados, o traballo multidisciplinar e en equipo, o grao de implicación da comunidade educativa, os recursos aportados á comunidade e o desenvolvemento das competencias profesionais docentes a través destes proxectos. Así mesmo, tívose en conta a existencia dun sistema de avaliacións relativo á implantación e desenvolvemento do proxecto e o nivel de logro acadado”.

Fotos- CEIP Barrié de la Maza- Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos