David Señarís Grille é o novo presidente da entidade veciñal xalleira.
A asociación de veciños de San Salvador celebrou a pasada fin de semana a súa asemblea xeral onde se dou conta da renuncia da anterior directiva e a elección dunha nova xunta que está liderada por David Señarís Grille, como presidente, Ángel Souto Mata, como vicepresidente, José Manuel Recarey Negreira, como tesoureiro e Pablo Negreira Souto, como secretario. Varios vogais completan o equipo rector.
A nova directiva foi apoiada polos 40 socios presentes na xuntanza do Teleclube. Tamén se aprobaron as contas que arroxan un superávit duns 10.120 euros.Os socios formularon distintas preguntas e establecéronse prioridades de traballo.
Unha extensa folla de ruta
Unha das cuestións máis importantes e retomar a proxecto da estrada principal de San Salvador. Será un tema que a nova directiva trasladará ao equipo de goberno de Santa Comba xunto con outras demandas como son as melloras no alumeado público, ou tamén solicitar o apoio da alcaldía xalleira para levar a cabo melloras no Teleclube e na Casa da Escola, se ben nestas instalacións o primeiro paso será tramitar os títulos acreditativos da propiedade. Outra petición é a necesidade de adecentar un camiño que bordea o cemiterio actual.
A nova xunta directiva da asociación de veciños de San Salvador tamén pretende xestionar a construción dun novo depósito de auga e actualización do contrato que teñen coa Canteira da Mina nuns terreos comunais.
En definitiva fontes da entidade afirman que pretenden revitalizar a traballo a prol desta parroquia para mellorar a súa calidade de vida e as súas infraestruturas.