9.6 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

A Xunta non está de acordo coa intención da UE dunha veda total da sardiña

A consellería do Mar propón unha redución das capturas pero discrepa da proposta do ICES.

Canal Barbanza

Non corren bos tempos para a captura da sardiña ibérica. E o futuro parece non ter mellores perspectivas. Os mariñeiros galegos están preocupados.Os científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar(ICES) propoñen unha veda total para o ano 2018. Os técnicos acenderon as alarmas sobre a perda de biomasa desta especie peláxica.

Desde o goberno do estado, a ministra Isabel García Tejerina está disposta a manter a proposta de que se poida pescar sardiña en Galicia aínda que suxire un recorte dun 25% no tope de capturas. A Xunta mantén a mesma postura e asegura que «recurso hai» aínda que «non ten a abundancia que tivo noutros momentos» e recoñecen que existe esta discrepancia coas autoridades europeas.

Veda total ou redución de capturas

En declaracións á Televisión de Galicia, a conselleira do Mar, Rosa Quintana explicou a situación:»Pechamos durante quince anos e se vai a recuperar a sardiña no ano 2024 ou mantemos unha actividade extractiva menor pero coas posibilidades de pesca abertas e conseguimos que  o incremento se produza tres anos mais tarde. eu creo que ben vale a pena esperar eses tres anos». A conselleira asegurou que xunto coas contactos coas autoridades comunitarias tamén se manteñen conversas coas confrarías galegas.

Agora o sector está pendente das decisións da Unión Europea e de que finalmente sexa positiva a interlocución desde a Xunta e o Goberno do estado.Os informes científicos recomendan a prohibición da pesca da sardiña no Atlántico.A frota galega sería especialmente prexudicada xunto coa do Cantábrico, a do Golfo de Cádiz e Portugal.

Cotizacións nas lonxas

No que vai de ano vendéronse nas lonxas galegas 3,4 millóns de quilos de sardiña a un prezo medio de 1,73 euros (5.972.076 euros en total). No ano anterior(2016) houbo maior volume de pesca(4,3 millóns de quilos) pero a un prezo inferior que alcanzou o 1,51 euros por quilo(En total 6.585.448 euros).No ano 2015 a cotización media foi de 2,11 euros e vendéronse 3,3 millóns de quilos(6.960.751 euros).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos