Ángel Souto Mata//
Sara Mata Mouro, é unha muller de SAN SALVADOR- SANTA COMBA, que ven de celebrar o seu 86 cumpreanos rodeada dos seus 5 fillos, 11 netos e 4 bisnetos. Orfa de pai e nai desde moi nova, Sara é a cuarta dos 5 irmáns por orde ascendente. Todos eles marcharon para Bos Aires e ella quedou en España “para coidar á tía Serafina que estaba impedida” coméntanos Sara.
Sara Mata é a outra cara da emigración, a desa muller que con tan so 11 anos tivo que plantarlle cara á vida e sacar a 5 fillos adiante con moito sacrificio e moito traballo. Casou moi nova cun mozo de Castriz Jesús Souto Calvo, un home traballador, bo e xeneroso que so vivía para a súa familia e que finou fai 5 anos.
Sara so asistiu a clases particulares 3 meses de inverno, “porque o resto do ano non podía asistir porque había que traballar na casa; pero eso foi mais que suficiente para que ella con unha memoria extraordinaria, soubese defenderse na universidade da vida dura que lle tocou vivir. As matemáticas era o seu forte e a escritura a súa debilidade porque como ella di “para min era igual escribir vaca con v ou con b, o caso e que se me entendera. E escribirlle cartas a meus irmáns de Bos Aires, era toda unha clase de ortografia, na que poñía todo o corazón ainda que tivese moitas faltas” manifesta Sara. Pero con tan pouca escola Sara tiña unha cabeza privilexiada e recorda con toda exactitude os nomes e apelidos, e as datas mais sinaladas da vida de todos os veciños de San Salvador, e a ela acoden todos para solucionar as súas dubidas.
Sara Mata é unha verdadeira enciclopedia e ten na súa mente tal cantidade de información que non precisamos de un ordenador para coñecer a historia de San Salvador dos últimos 75 anos.
Empezou Sara a traballar ós 11 anos, ademais de facer os traballos como ir coas vacas, ir buscar a verdura, ir ó toxo etc. aínda lle quedaba tempo para ir “a roubeta”; e dicir, ía en busca do “ouro negro” ou wolframio que no seu día fixo famosa a mina de Varilongo, na que chegaron a traballar mais de 2.000 persoas.Segun Sara “como había moita necesidade e a min gustábanme os cartos, ganaba 2 pesetas por dia lavando terra cunha canaleta polos arredores da mina, sempre con medo ós guardias que se nos collian mallaban en nós aínda que foramos rapazas pero coa ilusión de axudar economicamente na casa dalgun xeito”, recalca Sara.
Non tivo case mocedade, e so acudia a algún baile de pandeireta, a algunha ruada ou fía ou participaba como oínte nalgunha regueifa. Foi nestes pequenos actos sociais onde Sara aprendeu de memoria cantareas, contos ou historias de cegos que a modo de rosario e despois de moito escoitar e repetir lle quedaron grabadas con lume no disco duro da sua prodixiosa mente. Hoxe Sara recita de corrido desde oracións de misa ata coplas populares pasando por contos, lendas ou refráns asi como as historias xenealoxicas da maioria dos veciños de San Salvador e arredores.
Ven de cumplir 86 anos cun verdadeiro marathon de historias e traballo, e foi quen de pasar 10 días esfollando 12 horas diarias e falando do divino e do humano, rodeada de veciños e familia que agardaban cada dia unha nova entrega dos “contos de Sara de Mata”, como quen espera un capítulo novo dunha telenovela” comenta Angel Souto un dos seus fillos. Pero este ano Sara estaba mais contenta que de costume pois tiña como oínte a seu irmán mais novo José Antonio Mata Mouro a quen entrevistaron fai uns dias neste mesmo xornal e que esta pasando “os mellores 2 meses de vacacions da miña vida” comenta un xovial Jose Antonio Mata.
Sara Mata é toda unha institucion en San Salvador a a ela acoden para “sacar fes de vidas” os que non saben certos datos de familiares vivos ou mortos, ou os que non saben dos marcos das leiras ou os ferrados que ten.
A Sara sempre a encontrarás alegre, cantando, dando consellos e sendo unha persoa xenerosa tanto nos ditos como nos feitos. Hoxe camiña con dous bastons lentamente pola eira ou polo corral da sua casa e como di ela” eu sempre fun cantadora e eso permitiume enfrontarme con serenidade á vida dura que me tocou vivir, eu cantaba para fóra ainda que por dentro chorara” comenta Sara que nesto asemellase a nosa querida poetisa de Padrón Rosalía de Castro, que sempre levaba “no bico un cantar”, aínda que estivera rodeada de “negras sombras”. Sara coñece de memoria poemas de Rosalia e dun poeta da zona como foi Pepe de Xan Baña, e a súa vida ten algúns paralelismos coa dos dous poetas antes mencionados.
Sara sabe ler pouco, pero si domina á perfección as 4 reglas aritméticas; sabe SUMAR amigos, vontades e afectos, RESTAR negatividade e malos pensamentos con humor e caridade, MULTIPLICAR as boas accións e o cariño polos seus e DIVIDIR a pobreza dos demais, dando sin esperar nada a cambio, e remata con unha sentencia “ se todos dividiramos a pobreza, tocarianos menos a cada un de nos e o resto da division seria sempre cero”.
Sara no solpor empeza a barrer as follas do castaño, follas dese calendario que caen paseniñamente e de forma irremediable. Atrás quedan 86 anos de amor a familia e de entrega total a ela , e agora o cariño dos seus 5 fillos é a recompensa a tantos malos momentos que Sara tivo que superar e que fixeron dela unha “nova Rosalia de Castro”, que viviu sempre por e para os seus.
Rematamos esta pequena crónica dunha muller SARA MATA que aprendeu na “universidade da vida” a ser humilde, boa esposa e mellor nai e a que hoxe os seus 5 fillos lle renden homenaxe na voz do seu fillo Angel que di de sua nai” mamá ten un master a mellor nai, e mais se tivera que porlle nota seria sobresaliente cum laudem, e dela temos que aprender todos”. Mentras que para o seu irmán Jose Antonio Mata “miña irmán Sara e unha muller dunha intelixencia tal que de ter estudiado podería ter 2 ou 3 carreiras e algún que outro doctorado”.
Deixamos San Salvador unha tardiña de outono entre o susurro do rio Xallas, o olor a castañas de castiñeiro e as cantareas de Sara de Mata que resoan nas galerias das minas de Varilongo, mentras Pepe de Xan Baña acompaña a Jesus Souto (marido de Sara) a sacar das entrañas do monte o wolframio que brila como o acibeche.