12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Santa Comba crea unha bolsa de emprego para a Gardería municipal

As persoas interesadas teñen dez días para inscribirse.Consulta as bases neste artigo.

O concello de Santa Comba publicou este xoves as bases e a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal mediante a constitución dunha bolsa de emprego público temporal de auxiliares de axuda no fogar, mestras e persoal de apoio da Escola Infantil Municipal.

O obxectivo desta bolsa é poder cubrir as “necesidades transitorias de persoal que requiren puntualmente a contratación de persoal” para poder realizar substitucións de persoal que estea de baixa por distintos motivos.

Segundo confirmou a alcaldesa María Pose, con esta iniciativa preténdese poder  dar unha resposta áxil ás baixas que xurdan e poder cubrir os postos con celeridade na Gardería municipal. 

O concello de Santa Comba ven de abrir o prazo para que as persoas interesadas no proceso de selección se inscriban.Teñen dez días a partir deste venres 3 de novembro.

Neste enlace podes consultar as bases completas  

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos