14.5 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Dúas directoras xerais visitan os hortos ecolóxicos das escolas rurais xalleiras

Cecilia Vázquez e María Cruz Ferreira estiveron este luns en Santa Comba.

A directora xeral de Xuventude e Voluntariado,Cecilia Vázquez, e a de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, visitaron este mediodía os hortos ecolóxicos que o grupo informal “Equipo Recicla” habilitou nas escolas rurais de Boaña, San Cristovo e O Busto, no concello de Santa Comba, a través do programa “Iniciativa Xove” da Xunta de Galicia co proxecto denominado “achegando a reciclaxe-compostaxe ós mais pequenos”.

As representantes da Xunta foron recibidas no multiusos pola alcaldesa, María Pose, pola concelleira de Asuntos Sociais, Esther Espasandín, e por un grupo de mozos que participaron no devandito proxecto.Logo visitaron as escolas rurais, comezando o periplo pola escola de San Cristovo, onde departiron co director do C.R.A., Suso Mosquera.

Os membros do Equipo Recicla tamén plantaron árbores frutais nestes recintos educativos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos