14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

“Que xa non se celebren os plenos ordinarios xa di moito do que pasa en Coristanco”

Declaracións de Amancio Lavandeira ó Adiante Galicia.

O portavoz de Terra Galega cualificou de “desagradable sorpresa” que este 25 de outubro non se celebre o pleno ordinario que estaba fixado.“Que xa non se celebren os plenos ordinarios xa di moito do que pasa en Coristanco” afirmou Amancio Lavandeira que se pregunta se “esta era a urxencia e a necesidade da moción de censura nun concello que está paralizado”.

“Non sei porque non se firmou o decreto de convocatoria do pleno.E algo que terán que explicar e que vai en contra dos acordos do pleno de constitución”comenta Lavandeira que valora presentar unha reclamación se se persiste nesta dinámica.

En declaracións ó Adiante Galicia, o exalcalde asegurou que este pleno non celebrado era froito do descontrol existente no concello:”Non hai un alcalde que estea nas oficinas na hora de funcionamento do concello. Se unha persoa ten que ir ata o Fórum para ser atendido por un alcalde en funcións xa me dirás” declarou.

“Non se fixo nada a favor dos veciños de Coristanco”

Amancio Lavandeira insiste en que a moción de censura debeuse a “intereses particulares” e que “non se fixo nada a favor dos veciños de Coristanco e deben de responder polas medidas que non tomaron”.

“Non se sacan para adiante as licencias urbanísticas, nin houbo ningunha licitación de obras” explicou o líder de Terra Galega en Coristanco.“Agora non hai nada. Non se ocupou a praza de aparellador, nin se fixo ningún procedemento cando eles presentaban como solución a contratación dunha empresa externa. Todo está parado” sentenciou Lavandeira Suárez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos