12.6 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Para o BNG os orzamentos da Xunta son discrecionais e castigan á Costa da Morte

“Confeccionan uns presupostos con clara discrecionalidade e coa intención de asfixiar aos gobernos locais da Costa da Morte”.

O Bloque Nacionalista Galego considera que os orzamentos da Xunta para a Costa da Morte foron deseñados dun xeito “moi descarado e ruín” e están orienytados a dificultar a acción de goberno “dos concellos non amigos”.E lembran que o PP non goberna en ningún concello da zona.

“Confeccionan uns presupostos con clara discrecionalidade e coa intención de asfixiar aos gobernos locais da Costa da Morte, para poder así construír un discurso político ao redor de supostas malas xestións e falta de capacidade, e redirixir os investimentos en función dos intereses tácticos electorais do PP” aseguran os nacionalistas.Cualifican de “chantaxe” estas contas que reflicten “investimentos reais inexistentes,ignorando a dura realidade socioeconómica pola que atravesa a Costa da Morte” agás “a pingas” a partida da autovía da Costa da Morte.

Lembran que a rede separativa en Fisterra xa fora anunciada no exercicio anterior así como o dique de abrigo do porto deste concello ”e no que as obras avanzan máis lentas do que inicialmente fora anunciado”. Ademais “inclúense outros 185 mil euros conxuntos para os portos de Muxía e Camariñas. E 535 mil euros para a rede separativa e depuración para Camariñas”.

Desde o BNG lamentan as que non haxa referencias concretas “para os centros de ensino, de saúde, infraestruturas e mantemento de vías, programas de emprego, de cultura, conservación patrimonio, dinamización turística, nin tan sequera a dotación para o servizo de gardacostas despregado en varios portos da Costa da Morte. O parque do megalitismo, a variante ao porto de Brens, heliporto de Ruibo, o saneamento integral de Cee e da ría de Corcubión, o centro de saúde de Fisterra ea mellora do de Cee, os plans do cabo Fisterra e Touriñán”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos