9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

«Os orzamentos confirman o compromiso da Xunta coa Costa da Morte»

Aurelio Núñez:»son case dez millóns de euros que servirán para mellorar as infraestruturas, os servizos e a actividade industrial da comarca».

O deputado autonómico Aurelio Núñez asegura que os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2018 confirman o compromiso do goberno galego coa comarca da Costa da Morte.Destacou o investimento de 900.000 euros para a continuidade da vía de altas prestacións da bisbarra no treito Baio-Vimianzo que estará finalizado na presente lexislatura.

“Sabemos da importancia desta infraestrutura para toda a comarca, e sabemos tamén que o goberno autonómico cumpre co prometido e seguirá adiante con este proxecto” dixo Núñez Centeno que tamén valorou de forma «moi positiva»  a partida de 500.000 euros destinada a dragaxe do porto de Laxe, ou os 750.000 euros que se destinan para a mellora da depuradora da Laracha ou os 117.000 euros para e reforma do centro de saúde desta localidade.

Tamén aludiu as bonificacións para a compra de terreo industrial no polígono de Bértoa.“A industria de Carballo concéntrase no polígono de Bertoa, e todo o que sexa apoiar o seu crecemento e a súa mellora é unha grande noticia para toda a comarca” afirmou o deputado carballés.

Outros investimentos que suliñan desde o PP son os 270.000 euros para a mellora dos centros de Formación Profesional de Carballo,  e os investimentos que Portos de Galicia realizará para reforzar os amarres dos portos de Laxe e Camariñas, ou o abrigo do porto de Fisterra, que contará cunha partida de máis de 260.000 euros.

“En total son case dez millóns de euros que servirán para mellorar as infraestruturas, os servizos e a actividade industrial da comarca”, destacou Núñez, quen subliñou que se trata dunhas contas máis “sociais e centradas na creación de emprego”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos