5.3 C
Santa Comba
martes, abril 23, 2024

María Pose:”Este é o empuxe definitivo para unha reivindicación histórica”

Agradece o compromiso da Xunta pero pide que a obra avance e non se deteña. Asegura que tamén demandará melloras na estrada que comunica a capital do Xallas con Coristanco.

“Este goberno non deixou de traballar nin un só día”

Despois da xuntanza mantida coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e do anuncio de licitación da primeira fase da estrada de Santiago a alcaldesa de Santa Comba, María Pose fixo unha valoración positiva destas novidades que supoñen  “o empuxe definitivo a unha reivindicación histórica que se demorou no tempo, pero pola que este goberno non deixou nin deixará de traballar nin un só día”.

Para a lideresa do Partido Popular de Santa Comba “o dato máis importante é que agora xa falamos da  licitación dun treito que se vai a contratar en poucos meses e tamén dun proxecto de continuidade, porque mentres se execute unha fase xa se estará avanzando no seguinte treito”.

Agradecementos a Feijóo e a Ethel Vázquez

María Pose quixo agradecer o “compromiso público” da conselleira Ethel Vázquez  e o “interese persoal e a vontade política” do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Pero tamén enviou unha mensaxe para que esta obra tan demandada non se pare:”Tamén lle pido que agora que se inician as obras, que esta estrada non se deteña, porque os xalleiros non poden seguir sen unha vía moderna que nos comunique coa capital de Galicia. Nesa obra está posta a ilusión dos nosos veciños e do equipo de goberno actual e tamén dos anteriores” asegurou Pose Rodríguez.

Demandará melloras na estrada de Coristanco

Pose Rodríguez  lembrou que un dos seus obxectivos foron sempre as comunicacións.”Non deixamos de xestionar e  os resultados xa se ven. Queremos unha Santa Comba mellor comunicada e seguiremos ata o último día da lexislatura traballando neste senso, para que a estrada de Santiago avance, pero tamén para que a que nos conecta coa Coruña se mellore, e que as vías interiores do concello teñan un nivel óptimo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos