9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 19, 2024

«Feijóo non aposta por estes territorios, nin ten nin pretende ter un proxecto”

A deputada socialista Loli Toja critica a falta de investimentos da Xunta na Costa da Morte e en Bergantiños.

A deputada autonómica Loli Toja asegura que as contas da Xunta para o ano 2018 demostran que “a Xunta non aposta por estas comarcas, nin ten nin pretende ter proxecto para os territorios esquecidos”, a pesar que estamos nunha das zonas máis necesitadas.

A portavoz socialista en Bergantiños e na Costa da Morte critica que o investimento é mínimo con dúas partidas que destacan que son o dragado da Laxe «coa metade do investimento do ano pasado», e a Edar de Laracha, que continúa co investimento de 2017. “Non hai nada para investimentos no saneamento en Laxe, Corme, Ponteceso, Malpica ou Cabana así como tampouco hai nada para reparar os desperfectos do temporal de febreiro deste ano, aínda pendentes de arranxo” lamentou Toja Suárez.

Inconcreción da autovía da Costa da Morte

Tamén sinalou que non hai investimentos para equipamentos específicos  para a o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, nin para as principais infraestruturas sanitarias da comarca como a posta en marcha do centro de día de Corcubión. Afirma ademáis que se destina unha cantidade «absolutamente insuficiente»para a reparación da AC-406 Portomouro – Santa Comba, a principal vía de conexión con Santiago.

Ademais, advertiu da inconcreción do investimento da autovía da Costa da Morte, que queda limitada a un corredor –coa elevada sinistralidade que iso supón- e que só recibe 100.000 euros e, ademais, reclamou a saída ao parque industrial de Vimianzo, tal e como foi aprobado no Parlamento a través dunha iniciativa do Grupo Socialista.A responsable socialista lembrou a conservación e posta en valor do parque de megalitismo, ou da recuperación do minicriadoioro de bivalvos de Camariñas, os dous esquecidos nun orzamentos que “cada ano son menos transparentes, con partidas sen identificar” que deixan man libre para a arbitrariedade do goberno galego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos