15.2 C
Santa Comba
lunes, diciembre 11, 2023

Vimianzo adxudica varias obras e servizos

O alcalde Manuel Antelo formalizou os contratos de tres obras do POS, unha do PAS,e tres escolas culturais.

O alcalde de Vimianzo durante a visita de Ovidio Rodeiro esta semana

O concello de Vimianzo ven de formalizar a contratación de varias obras, entre elas tres que pertencen o Plan POS +  da Deputación. A empresa López Cao encargarase da reparación e mellora do firme, beiravías, cunetas e bordos da estrada municipal entre Treos e Carnio, un proxecto que conta cun orzamento de 90.750 euros e un prazo de execución de cinco meses.

A empresa Cernadas S.L. Realizará a rede de saneamento na Piroga(Bamiro). O orzamento é de 46.397 euros e o prazo de execución de 8 meses. E tamén do proxecto de pavimentación do núcleo de Santa Comba de Baíñas, no que se inviste algo máis de 80.000 euros. A obras deberán rematarse en catro meses.

Outra actuación adxudicada a este empresa é Ampliación de áreas dotacionais e parques infantís en Bamiro, Serramo, Quintáns, Tufións e Mouzo, incluído dentro do Plan de Acción Social, e que conta cun orzamento de 81.000 euros e un prazo de execución de tres meses.

Escolas culturais Vimianzo

O boletín oficial da provincia(BOP) tamén da conta neste venres 13 de outubro da adxudicación das escolas culturais municipais. A Escola da Rúa S.L. Xestionará a escola de música e danza por 86.062 euros durante dos cursos. A Producións Talía adxudicóuselle a Escola de Teatro por 15.765 euros e a Esproade a escola de arte e panillo por 35.465 euros. Estas dúas últimas adxudicacións tamén son para dous cursos.

Sentenza Servizo de Axuda no Fogar

Estes días pasados tamén se coñeceu unha sentenza do Xulgado do Contencioso administrativo número 3 da Coruña no que se desestima un recurso interposto polas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar contra a decisión do goberno local de Adiante Vimianzo de modificar o servizo, o que desde a oposición se consideraba unha externalización dos servizos sociais.

As denunciantes reclamaban que ese cambio debía ser aprobado nun pleno, pero a xustiza entende que se fixo un “verdadeiro contrato de servizos” e avala a actuación do executivo que preside Manuel Antelo Pazos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos