4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Ovidio Rodeiro visitou os concellos de Vimianzo e Cee

Anuncia un investimento de 45.000 euros no CEIP San Vicenzo e entrega chaves de catro vivendas de alugueiro social en Cee.

O delegado territorial da Xunta de Galicia,Ovidio Rodeiro, visitou dous concellos da Costa da Morte. No concello de Vimianzo o delegado achegouse ao IES Terra de Soneira, no que a Consellería de Educación investiu máis de 11.000 euros na reposición dun ascensor para facilitar a accesibilidade.

Rodeiro anunciou a construción dun patio cuberto no CEIP San Vicenzo, cun orzamento de algo máis de 45.000 euros.”A Consellería está a traballar arreo para obter canto antes as autorizacións para comezar a obra” indicou o delegado que lembrou que neste centro xa se investiron recentemente máis de 12.000 euros en diversas reparacións, entre elas na cociña.O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, e a portavoz do Partido Popular, Raquel Rodríguez Amigo, tamén estiveron presentes nesta visita.

 

Vivendas sociais en Cee

A estadía de Rodeiro na bisbarra completouse en Cee, onde entregou as chaves das catro vivendas que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pon a disposición de familias en situación de vulnerabilidade social. Trátase de catro pisos situados no termo municipal de Cee, e que son cedidos en réxime de alugueiro social. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos