7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O PP pedirá a Portos do Estado a mellora dos accesos ao Faro Touriñán

Sandra Vilela:“Levamos anos esperando a que Puertos del Estado, o Concello ou a Deputación da Coruña tomen cartas no asunto, pero o certo é que ningunha das tres administracións foi capaz de facer algo”.

A portavoz do Partido Popular de Muxía,Sandra Vilela, anunciou que instará a Portos do Estado a que mellore a estrada de acceso ó faro Touriñán.Os populares propoñen ademais que se chegue a un acordo co concello de Muxía “para que o executivo se responsabilice do mantemento e conservación do viario”.

“Estamos convencidos de que esta é a mellor solución ao problema. Portos do Estado é a administración titular da estrada e, por tanto, pode actuar; o Concello, posteriormente, pode ofrecer ese servizo aos veciños” declarou Vilela.

Demanda veciñal

A portavoz popular, que mantivo unha xuntanza cos veciños de Nemiña,agarda reunirse tamén cos residentes en Touriñán, Morquintián, Frixe, Bardullas e Buiturón. Pretenden trasladar as queixas dos veciños ao próximo pleno do concello xa que entende que é “obrigatorio apoiar a petición veciñal e todas as actuacións que leven a cabo reclamando os seus dereitos”.    

“Levamos anos esperando a que Puertos del Estado, o Concello ou a Deputación da Coruña tomen cartas no asunto, pero o certo é que ningunha das tres administracións foi capaz de facer algo”, denunciou Sandra Vilela, quen explicou que o único que fixeron foi “irse pasando a pelota”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos