@cristobalmourin//O alcalde asegura que a delegada territorial de Sanidade e o portavoz do PP “terán que responder” e probablemente presentará unha denuncia.
Video do debate sobre a piscina no pleno de Zas
Un expediente político
O alcalde de Zas negou as afirmacións do portavoz do Partido Popular de Zas sobre unha suposta sanción de 15.000 euros por irregularidades no servizo da piscina municipal con rotundidade:”É mentira que teñamos unha sanción da consellería de Sanidade”.
Muíño Espasandín aclarou que se trata dun “expediente político” que está recorrido “nunha fase inicial” e que polo tanto non é firme.”Eles din que nos van a sancionar porque non había socorrista e nós dicimos que si había socorrista”.Tamén considera “inaudito” a apertura deste expediente cando “ese socorrista aínda ten recorrida a súa non inscrición no rexistro”.
Muíño pide explicacións pola “información privilexiada” do PP
En declaracións ao programa “Voces de Bergantiños” o alcalde acusou ao portavoz do PP, David Gómez, de ter “información privilexiada” e anunciou que probablemente presenten unha denuncia:”A delegada territorial de Sanidade vai a ter que responder, non só por abrir o expediente sen motivo nin base ningunha, senón tamén porque o portavoz do PP tiña información dese expediente antes de chegase ao propio concello”.
O alcalde nacionalista de Zas asegura que David Gómez “minte de forma continuada” e insiste na información que manexaba o PP:”El saberá porque nos veñen a inspeccionar a nós e non a outros concellos que están na esma situación, se cadra el ten algo que ver”.
O alcalde alude ao vídeo de Adiante TV
Muíño Espasandín tamén fixo alusión ao vídeo de Adiante TV sobre o debate plenario da piscina:”A gravación circula por internet”.
Declara que están pendentes da resposta da Xunta ao seu recurso e que en defensa dos veciños, se é preciso, irán ao contencioso.