9.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Pichurri arremete contra o PP:”Veñen simplemente a cobrar”

@cristobalmourin// Critica o abandono do PP de Camariñas do pleno. Sobre a súa situación xudicial afirma:”Está presentado o recurso e a esperar”.

O alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, criticou o papel  do Partido Popular no concello:”Non fan nada no pleno.O único que veñen é a criticar, a defender á Xunta de Galicia e a cobrar”.

En declaracións ó programa “Voces de Bergantiños” de Radio Voz que presenta Verónica Couto, o rexedor camariñán cualifica de “irresponsabilidade total” que os populares abandonaran os últimos plenos.

Para o rexedor “está claro que eles veñen simplemente a cobrar” e que os populares demostran un desinterese “que non existe en ningunha outra parte de Galicia”.

Pichurri lamenta que non haxa propostas en positivo

Bota de menos que o PP non faga “ningunha proposta en positivo” e estean “sen esixirlle á Xunta que invista na fachada marítima ou no porto”No mesmo programa e a través dunha pregunta gravada o portavoz popular Mauro Aufiero dirixiuse a Pichurri deste xeito:“O único que ten que dicirlle o Partido Popular de Camariñas ao señor Valeriano é que cumpra a lei e deixe de usurpar o posto de alcaldes”.

Con respecto a esta petición Alonso asegurou que “hai alcaldes  do PP que están condenados ó cárcere e din que van a recorrer ao Supremo porque a sentencia non é firme”.O rexedor pensa que a Aufiero “xa non lle fai caso nadie ou moi pouca xente”.

Sobre a condena de inhabilitación que recorreu dixo que non había novidades:”Está presentado o recurso e a esperar”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos