12.6 C
Santa Comba
sábado, diciembre 9, 2023

“O alcalde de Cee mantense na alcaldía por unha cuestión de orgullo”

Serxio Domínguez Louro:”A política en Cee está moi viciada.Levamos seguramente os anos da democracia gobernados por catro.Fóronse repartindo o goberno pactando entre eles”.

“A xente diche na rúa que este goberno é un desastre”

O portavoz municipal do BNG no concello de Cee cualifica de “desastrosa a calamitosa” a xestión do goberno local durante esta lexislatura e pensa que o alcalde Ramón Vigo Sambade “non está en condicións de gobernar” e que se mantén no cargo “por unha cuestión de orgullo”.

Serxio Domínguez fixo balance para Adiante Galicia (nunha entrevista na que tamén falou da Costa da Morte) e lamentou que no concello ceense “non se fai o máis básico” e que o descontento percíbese na sociedade:”A xente diche na rúa que este goberno é un desastre, que como pode estar este alcalde aí.A xente non che pide un minicoliseum, pídeche que teñas as aldeas e os pobos limpos,que haxa un mantemento”.

“Noto moita tensión entre PP, IxCee e PSOE”

O concelleiro nacionalista pensa que o problema ven de lonxe:“A política en Cee está moi viciada.Levamos seguramente os anos da democracia gobernados por catro. Fóronse repartindo o goberno pactando entre eles. Colocando os seus peóns e  traballadores.Tecendo unha tearaña quenon era de todo forte.Segundo se aliaban para manter o poder fóronse debilitando e pelexando entre eles.Noto moita tensión entre PP, IxCee e PSOE”.

“Cee perde posición a nivel comarcal”

Domínguez pensa que Cee “está perdendo posición a nivel comarcal” e pon como exemplo que cada concello ten actividades referentes “e nós non temos nada”. 

Pero tamén fala de situacións concretas:”Temos dous tractores e non temos quen os manexe e houbo que contratar a unha empresa para que limpara. Ascenderon a persoa que conducía o tractor e o PP amortizou a praza.Foi tirar cos cartos”.

A problemática da piscina

Outro exemplo claro deste “auténtico despropósito” é o da piscina.Recriminou que o goberno do PP no secuestrara o servizo cando se podía, e tamén que PP e IxCee se “xuntaran para condonar a débeda”, en referencia a unha sanción aprobada en pleno.

Serxio Domínguez pensa que unha “privatización encuberta” non é a solución e pide mirar á experiencia do concello de Carballo que asumiu o servizo e logrou que fora sustentable:”Non podemos pagar 95.000 euros anuais” afirma o concelleiro do BNG, que avoga por ir dando pasos cara a comarcalización da piscina.

O saneamento é “primordial»

Tamén critica que o goberno non faga nada para que as praias de Lires e Estorde “sigan aparecendo entre as praias máis contaminadas” e considera “primordial” que o concello faga forza diante da Xunta de Galicia para afrontar o saneamento da ría. O BNG presentará unha moción neste sentido.

Para o BNG o “esperpento” chegou co pago de 40.000 euros(aproximadamente) en gastos que non estaban previstos. Entre eles 4.700 euros para tres concelleiros do PP “que se esqueceran de cobrar” e o resto para a avogados e procuradores dos “funcionarios e concelleiros que foron imputados na Operación Orquesta”.

Traballo na oposición.A apatía do PP

Domínguez Louro valorou o traballo do seu partido na oposición tanto de fiscalización como de “facer achegas” con 22 mocións presentadas “e nesa liña imos a seguir”.

Preguntado polo papel da oposición, criticou o papel da forza maioritaria, o PP:”O PP en Cee está a dar unha mensaxe de apatía, de canto peor lle vaia ao goberno mellor para min” e asegurou que “a política do BNG non é esa”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos