9.5 C
Santa Comba
lunes, abril 8, 2024

En marcha o obradoiro conxunto dos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría

O auditorio do multiusos xalleiro acolleu o acto de apertura do obradoiro de emprego Proturismo 2017 promovido polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría.

Ao acto asistiu o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, así como os alcaldes de Santa Comba e Mazaricos, María Pose e Juan Blanco, o tenente de alcalde de Dumbría, Raúl González e concelleiros da corporación de Santa Comba.

O obradoiro conta con vinte alumnos-traballadores que recibirán formación tanto teórica como práctica nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e de promoción turística local e información ao visitante. 

Dentro da especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes están previstas 19 actuacións entre as que destacan a mellora de zonas verdes na Picota, en Pino de Val ou Cumbráns e na Ruta do Monte Aro, en Mazaricos; melloras nas áreas recreativas de Albarín, Vilar, o Freixeiro ou Castriz, en Santa Comba; ou a mellora e mantemento das áreas verdes situadas no Conco, en Olveira, ou no Ézaro, en Dumbría.

O alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante ten encomendada a tarefa de promover os destinos turísticos locais colaborando na xestións dos servizos de información turística. Así, no municipio de Santa Comba, o obxectivo é deseñar un plan turístico local con especial atención ao turismo de restauración e o turismo de eventos deportivos traballando ademais na procura da colaboración entre o sector público e privado. 

No caso de Mazaricos, o estudo daqueles produtos turísticos do concello que contén cun potencial de aproveitamento turístico ademais de organizar, preparar información turística dos eventos do Concello. En canto a Dumbría, colaborar coa técnico de turismo na organización de toda a información.

O obradoiro prolongarase ata o 28 de xuño de 2018 e conta cun investimento de 280.000 euros.O delegado territorial da Xunta fixo fincapé no “obxectivo claro de dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reincorporarse ao mercado laboral”. Ovidio Rodeiro engadiu que “non podemos esquecer ademais que grazas a estes obradoiros os beneficiarios accederán a un contrato laboral”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos