7.4 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

“A moción de censura de Coristanco era imprescindible” asegura Julio Sacristán

O secretario provincial do PSdeG defende a moción de Coristanco e asegura que era o desexo dos militantes e unha necesidade para os veciños.

O secretario provincial do Partido Socialista na provincia da Coruña non se arrepinte “en absoluto” de apoiar a moción de censura que se levou a cabo no concello de Coristanco xa que a considera “imprescindible de cara aos veciños de Coristanco, non de cara ao PSOE”.

Semanas despois de toda a polémica, Julio Sacristán aclara que si había un acordo:”A verdade foi que saíu de alí un acordo tanto na agrupación como no comité comarcal e eu respectei as decisións que tomaron na agrupación”.Neste senso reprochou as críticas que recibiu de Fernández Leiceaga:”Pasei moitas horas en Carballo cos militantes cousa que el non fixo. Esas cousas non poden suceder e non se pode faltar á verdade”.

En declaracións ao programa “Galicia por Diante” da Radio Galega, o dirixente socialista considera necesaria a moción ante a “situación grave de parálise do concello” que está acreditada “nas actas dos plenos”.

Afirmou que se perderan “aproximadamente un millón de euros por non ter a conta aprobada”.E polo tanto a alternativa era “buscar un gran acordo para que ese concello saia adiante”.Tamén incidiu que graza a Deputación a débeda logrouse diminuír pero “non se podía seguir nesa liña”

Julio Sacristán mostrouse partidario dos acordos con outras forzas políticas aínda que fora co PP:”Eu estou pola liña do acordo, as institucións deben de ser gobernadas e hai que chegar a acordos perdendo en moitas ocasións, pero os cidadáns non teñen a culpa de que os políticos non nos poñamos de acordo para gobernar un concello”.

Sacristán ten pensado dimitir do seu cargo despois das primarias do Partido Socialista que se celebrarán o vindeiro 8 de outubro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos