8.1 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

O PP arremete contra o alcalde de Zas polo seu apoio ao referendo

Ao Partido Popular de Zas non lles convenceron as explicacións dadas polo alcalde no pleno deste martes que foi seguido por Adiante Galicia, como único medio de comunicación presente na sala.

Nun comunicado de prensa, os populares acusan a Manuel Muíño de “vivir instalado na ilegalidade” polo seu apoio ao referendo catalán a través dun manifesto dos alcaldes do BNG.

“Levamos moito tempo soportando como o alcalde se salta as leis, as normativas municipais e os procedementos de transparencia que deben rexer un municipio” declara David Gómez, que se pregunta se “cando haxa algunha actuación no concello, imos poder decidir todos os veciños ou, como no caso de Cataluña, só a minoría afectada”.

CRÓNICA DO PLENO DE ZAS EN ADIANTE GALICIA

Para Gómez Brandariz “aquí non se trata dun dereito a decidir, nin de democracia como están a querer vender os señores do BNG, aquí estamos a falar de cumprir ou non cumprir as leis”. Para os populares neste tipo de cuestións “non caben medias tintas, xa que os alcaldes teñen que estar sempre ao lado da lei e do Estado de Dereito”.

Como se pode ver neste vídeo de Adiante TV, esta foi a pregunta formulada no pleno por David Gómez.

O portavoz do PP de Zas cualifica de “moi grave” o apoio do alcalde de Zas  e considera que “esta actitude desautoriza moral e eticamente a un alcalde para pretender que os seus veciños cumpran coas leis e coas súas obrigacións como cidadáns”.

Nestas imaxes de Adiante TV, podemos ver a resposta do alcalde Manuel Muíño Espasandín que asegura que o manifesto “entra dentro do dereito á liberdade de expresión”, acusa a Mariano Rajoy de crear “o maior conflito da democracia” e aposta por vías de diálogo para que “os cataláns se sintan cómodos en España, porque senón están cómodos marcharánse”.

 
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos