7.4 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Marca de garantía para a horta galega

Nunha visita ao concello da Laracha, Ánxeles Vázquez, anuncia esta iniciativa da Xunta.

Foi este martes no transcurso dunha visita á empresa hortalizas Roberto López cando a conselleira do Medio Rural anunciou que o seu departamento  está a traballar na creación “dunha marca de garantía para a horta galega que amparará estas producións co fin de consolidar este sector e certificar a súa calidade”.

Segundo avanzan desde a Xunta nesta marca incluiranse produtos frescos de orixe galega tales coma leituga, pemento, cebola, grelo, tomate, feixón verde, repolo, verza ou pataca, entre outros.

Vázquez Mejuto visitou as instalacións da empresa acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, o xefe provincial de medio rural, Manuel Rodríguez, o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela e polos concelleiros José Ramón Martínez Barbeito, Jesús Souto e Rocío López.

Amplo recoñecemento nos mercados

En palabras da conselleira con esta marca “darase cobertura a unha das referencias máis senlleiras do agro galego, que salienta pola súa calidade e cun prestixio nos diferentes mercados que convén impulsar”. Vázquez subliñou que “estas producións teñen xa un amplo recoñecemento nos mercados locais e na distribución e cómpre reforzar a súa vinculación coa marca xenérica Galicia para ampliar a súa expansión nos nacionais e internacionais”.

Segundo datos aportados pola Xunta Galicia existen unhas 850 explotacións profesionais de horta baixo cuberta, con preto de 150 hectáreas de superficie de invernadoiros. A maiores, na nosa comunidade hai unhas 1.100 hectáreas de superficie ao aire libre dedicada ao cultivo comercial de produtos de horta, aos que habería que engadir unhas 600 hectáreas máis de cultivo de grelo e faba.A conselleira tamén visitou a empresa Horta Bértoa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos