Presentación de “Devalar sen pel” nun acto organizado pola asociación de veciños Finisterre.
O salón de actos da confraría de Fisterra acolleu a presentación do libro “Devalar sen pel” do poeta local Modesto Fraga, que estivo arroupado por veciños, amigos, pola artista Viki Rivadulla, e tamén polos poetas Alexandre Nerium, Roberto Traba, Antonio Fernández e David Creus.O acto organizado pola asociación de veciños “Finisterre”, tamén contou coa presenza, entre o público, do alcalde de Fisterra, José Marcote e dos portavoces municipais do Partido Popular, José Manuel Traba e de Converxencia Galega, Xan García Pouso.
Foi un acto emotivo onde aparte de falar do tributo a tódalas mulleres que loitan polos seus dereitos que representa “Devalar sen pel”, tamén foi un acto de homenaxe e reivindicación á cultura fisterrán, con referencias a obra poética do Capitán Traba, a labor de Alejandro Finisterre, ou as traxectorias de Francisco Esmorís e Desiderio Paz Figueroa.
Para a asociación Finisterre é “un gran orgullo que Modesto cumprira o seu desexo de poder presentar Devalar sen pen no pobo que o viu medrar como poeta, rodeado de artistas e poetas como el merece”. Agradecen a colaboración da confraría de Fisterra.
A través das redes sociais, o propio Modesto Fraga tamén tivo palabras de agradecemento para as persoas que o acompañaron e que asistiron a este evento que cualifica como “unha velada emotivísima que ficará nas nosas memorias durante moito tempo”. E non se esquece do que é un feito constatable, o importante traballo que está realizando a asociación veciñal.Modesto Fraga recoñece o traballo de persoas como José Manuel Valdomar Senra, Gabriel Satti Bouzas ou Manuel Canosa Trillo para contribuír “a crear sentimento e amor pola fisterranía”.
Fotos- AAVV Finisterre