“O número de persoas en lista de agarda para recibir un servizo de axuda no fogar a través do Sistema de Atención á Dependencia é de 0”.
A concelleira de de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego de Cee, Pilar Iglesias Lema, asegura que o servizo de axuda ás persoas dependentes estase prestando dun modo “sensiblemente diferente a cando chegamos ao goberno”, froito dos cambios desenvolvidos no seu departamento.
Nunha carta remitida ós medios de comunicación, Iglesias informa que “o número de persoas en lista de agarda para recibir un servizo de axuda no fogar a través do Sistema de Atención á Dependencia é de 0”.
O servizo de axuda no fogar ten 37 persoas usuarias
Lembra que as competencias do concello son “de informar e tramitar as solicitudes de valoración de dependencia”. Faise a primeira valoración e logo a xestión corresponde á Xunta de Galicia “ata que se produce a derivación ó concello”.Desde o concello de Cee resaltan que “o maior retraso na resolución dos dependentes ven por parte da Xunta de Galicia”.
Pilar Iglesias explica que desde o concello ampliáronse as horas de axuda no fogar e logrouse “dar cobertura a todos os casos que lle son derivados nun prazo inferior a un mes”, e cualifican que a atención estase resolvendo “áxil e positivamente”. Na actualidade hai 37 persoas usuarias do servizo de axuda no fogar.