//Mazaricos convoca axudas para escolares e empresarios// Curso de inseminación de vacas// Concerto de Tanxugueiras//
Este mércores o boletín oficial da provincia publica as bases da convocatoria para a concesión de axudas a estudantes para este curso. O concello destina un orzamento de 16.000 euros a estas axudas, do cal uns 13.900 euros son para desprazamentos e 2.100 para libros e material didáctico.
Tamén neste día publícanse as bases do programa de axudas do concello de Mazaricos para a creación de empresas cun orzamento de 20.000 euros e co que o consistorio pretende apoiar as novas pequenas e medianas empresas do municipio. O importe máximo por axuda é de 3.000 euros.
Curso de inseminación de vacas
A asociación Gandeiros de Mazaricos organizou un curso de inseminación de vacas que foi impartido polos veterinarios Mónica Barrio e Ismael Fernández, de Xénese ETE. Houbo un parte teórica e outra práctica.
O presidente de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco asegurou que “queremos que os e as gandeiras do noso concello sexan o máis autónomos posibles nas súa explotacións”.
Segundo Blanco “O curso estaba moi orientado á parte práctica polo que, se o repiten nas súas casas, poderán levar a cabo isto sen problemas”.
Concerto de Tanxugueiras
A Casa da Cultura da Picota acolle este vindeiro sábado 23 de setembro ás 10 da noite o concerto dun dos grupos de moda da escena da música tradicional galega, Tanxugueiras.
A entrada é de balde.Pódese reservar entrada na Casa da Cultura da Picota ou no teléfono 981867195.