6 C
Santa Comba
viernes, diciembre 1, 2023

Pigmalión converte á Costa da Morte en territorio literario

Fisterra acolleu o encontro literario internacional «Atlántico e Mediterráneo: Mares de Palabras».

Esta fin de semana, tivo lugar en Fisterra o I encontro literario internacional «Atlántico e Mediterráneo: Mares de Palabras», organizado polo Concello xunto co grupo editorial Sial Pigmalión, a asociación cultural Concilyarte e o centro galego de Valencia. Un cento de persoas, na maior parte poetas, fotógrafos e pintores participaron nos dous recitais poeticos do sábado e unha parte asistiu a un concerto de canto gregoriano a noite en Santa María das Areas.

 Foi presentado un poemario con autores da Costa da Morte que foron obxecto dunha antoloxía por Branca Vilela, organizadora do evento. Ás 18,00 horas foi presentación da antoloxía con un recital de poetas da zona presentes na obra e una hora máis tarde o acto formal. No recital participaron Branca Vilela, Rafael Lema, Diana Varela, Rocío Blanco, Rocío Leira, Rosa Sánchez, Rosalía Fernández, Marilar Alexandre. Estaban presentes o alcalde de Fisterra, José Marcote, e a responsable de cultura Teresa Fernández. Según Vilela, «esta obra recolle a 42 autores que escriben sobre a zona, tamén fotógrafos e pintores, onde se ve a Costa da Morte como un territorio de creación» enmarcada la puesta de largo de la obra colectiva «nun ambiente de encontro internacional con autores de todo o mundo, de Europa, América, África». 

Son poemas e textos en castelán editados por Sial Pigmalion, unha idea do propio director da prestixiosa editora Basilio Rodríguez, quen comunicou o seu obxectivo de converter a Costa da Morte noutro dos territorios iberoamericanos que o grupo pretende dotar dunha significación literaria, tras o seu paso por Cartaxena, Serra Máxina, Rosario. E ahora, a Costa da Morte con Fisterra como epicentro, «para imprimir continuidad a una colección de publicaciones que recorrerán algunos de los parajes de la geografía y literatura iberoamericana, un ejercicio de creación compartida, con el único afán de literaturizar la historia, de personificar mitos» indicou o editor. 

«En definitiva, la Costa da Morte y su entorno gracias a los autores de esta obra ha pasado a formar parte de la historia de la literatura. Es por tanto territorio literario» sentenciou Rodríguez. A obra significa un salto importante da creación comarcal e da imaxe recreada da comarca a un mercado literario global como oferta e promove a editora, presente nas mais importantes feiras e mercados do sector. Non faltou unha comunicación do físico Jorge Mira, falando da «terra do solpor», o promontorio nerio como último lugar onde o sol se pon durante varios meses do ano. En Touriñán, por 50 metros ou 30 centésimas de segundo con respecto ao cabo da Nave. Pero avanzou Mira «para tranquilidade do alcalde de Fisterra, o lugar onde se ve por última vez o sol é o monte Pindo xa que é o punto máis elevado a máis de 600 metros, e desde alí a vista do horizonte está a 89 kilómetros». 

Houbo o sábado mesas redondas sobre «Atlántico e Mediterráneo:mares de palabras«, sobre «Literatura, imaxinación e palabra». Os participantes visitaron o Museo de Pesca de Fisterra e o monumento a Camilo José Cela. «Muller, mar e literatura» foi a temática da cuarta mesa redonda que deu paso a dous recitais poéticos e un espectáculo de baile tradicional e iberoamericana no porto de Fisterra. O encontro internacional  o domingo trouxo a presentación da antoloxía Poemario; unha homenaxe ao poeta Nikos Kavadias. A continuación, a quinta e última mesa redonda co título «Fisterra, final do Camiño de Santiago», antes da clausura do encontro e a entrega de diplomas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos