Festa da Pataca 2017//Fin de semana chea de actividades organizadas con éxito polo concello bergantiñán.
O verxel de Bergantiños volveu a convertese nun epicentro gastronómico para honrar á pataca e demostrar que segue tendo moitos seguidores fieis que non fallan a esta cita do mes de setembro.Aínda que a choiva fixo acto de presenza non impediu que se cumprira co programa establecido. O recente cambio de goberno tampouco impediu que o evento contara cunha boa organización.
Desde primeira hora celebrouse a concentración de tractores engalanados e os concursos, animados por unha charanga e unha banda de gaitas. Sobre as 11,30 comezaron a desfilar os tractores acompañados pola comitiva formada polo alcalde Abraham Gerpe, e os concelleiros da corporación Antonio Pensado, Juan García, Clarisa Couto, Emilio Fondo, Luis Souto e Ángeles Eiroa así como a pregoeira Lupe Blanco.Tamén asistiron ás celebracións o portavoz municipal de Terra Galega, Amancio Lavandeira e o concelleiro Andrés Díaz.
O párroco Manuel Mayo encargouse da misa, que foi cantada pola Coral Polifónica Santa Cecilia. Despois chegou o pregón de Lupe Blanco, que foi presentada polo comunicador e director de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema.Lupe Blanco sorprendeu facendo un pregón en forma de regueifa o que foi moi aplaudido polos presentes.Posteriormente, saudou o alcalde Abraham Gerpe e procedeuse á entrega dos premios, na que tamén participou o director de Carrefour Coristanco, Hugo Rodríguez.
O primeiro premio correspondeu a un “Acuario” feito con patacas,que se levou 1.200 euros e un trofeo. O xurado concedeu o segundo premio (1.000 euros) a “Miñato” e o terceiro ao “Rato” (800 euros). En total neste apartado repartíronse uns 4.700 euros en premios.No apartado gastronómico o primeiro premio foi para o “biscoito de chocolate e patacas” de Abel Núñez Picallo(200 euros), o segundo para José Gómez coas “patacas caseiras”(150 euros) e o terceiro para Jessica Varela coa súa “tarta de rebárbara”.Abel Núñez Picallo tamén gañou o concurso de empanadas cunha feita por “xoubiñas”(150 euros).
No concurso de produtos do campo os premiados foron Marcos Varela Mira (90 euros) Teo e Gael Pérez Pérez(60 euros) e Jessica Varela Mira(30 euros). Iria Sanjurjo(60 euros) e Alexandra(30 euros) levaron os premios das figuras con patacas.Os stands de degustación estiveron abertos desde as dúas do mediodía, aínda que xa desde antes moitas persoas acudiron a carpa da pulpeira habilitada na rúa do Muíño.
A xornada rematou cos xogos populares de Baile da Pataca, Apaña Pataca, Trueiro da Pataca e Tiro da Corda, un concerto de Corais e unha actuación musical no parque municipal.O sábado xa houbo actividades moi concorridas ao longo de todo o día. Unha concentración de coches clásicos, a presentación do álbum fotográfico da parroquia de Traba, xogos infantís e unha verbena.