Os promotores agardan que esta cita teña continuidade os vindeiros anos.
A Casa do Pozo acolleu a presentación do “I Certame Gandeiro e Cabalar” que se celebrará este vindeiro domingo en Santa Comba. No acto estiveron presentes a alcaldesa María Pose, o presidente da Asociación de Criadores de Cabalo Español de Galicia(ACCEGA) e da Asociación para a Promoción do Deporte e da Cultura Ecuestre ( APRODEQUS) , Manuel Benavides, a concelleira de Deportes, Silvia Cancela, o de Medio Rural, Juan Carlos Pérez e os edís José Pose e José García.
Segundo Manuel Benavides este evento “a nivel medio-alto é o máis importante que se fai na provincial da Coruña” e seguindo as indicacións do goberno local pretende ter un carácter popular:”Non é un espectáculo elitista aínda que vai a haber cabalos de moito valor. Queremos que todos os afeccionados accedan a este evento aberto e popular, porque así nolo requiriu a alcaldesa”.
Benavides valorou o esforzo realizado polo concello de Santa Comba e amosou a súa intención “de que o certame perdure, porque non tería sentido que fose unha casualidade dun ano, porque non valería a pena”.Pola súa banda, María Pose, destacou a tradición cabalar que existe na comarca do Xallas e expresou o seu apoio a este tipo de actividades coas que “contamos coa nosa xente de Santa Comba”.
Está previsto que nos concursos morfolóxicos participen máis de 70 exemplares. Ademáis haberá un roteiro ecuestre e un espectáculo de danza ecuestre(18,00). O evento desenvolverase durante todo o día.