8.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Tres obradoiros de emprego para seis concellos

Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, A Laracha, Arteixo e Carballo participan en obradoiros financiados pola Xunta.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina máis de 700.000 euros para financiar distintos obradoiros de emprego en Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, A Laracha, Arteixo e Carballo.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou o “compromiso claro da Xunta para traballar na creación de postos de traballo de calidade, estables e coa mirada posta no futuro”. 

Sinalou que “grazas a estes obradoiros centos de persoas obterán un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, informando que a Xunta incrementara nun 10% o orzamento con respecto ao ano pasado.

Obradoiro  en Dumbría, Mazaricos e Santa Comba 

Na comarca de Bergantiños comezarán ao longo deste mesmo mes dous obradoiros de carácter xeral. O Concello da Laracha impartirá, a partir da vindeira semana e xunto con Arteixo, as especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e traballos de carpintería e moble. 

Pola súa banda, Dumbría organiza, con Mazaricos e Santa Comba, un ciclo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e promoción turística local e información ao visitante. O comezo está previsto para o vindeiro día 29. Estes dous obradoiros están dotados cun investimento de 280.000 euros cada un e acollerán a 40 alumnos-traballadores. Os obradoiros amplían a súa duración e pasan de seis a nove meses.

En Carballo terá lugar un obradoiro das especialidades de revalorización de espazos urbanos, e traballos de carpintería e moble, dentro do Sistema de Garantía Xuvenil, no que participarán 12 alumnos-traballadores e que contará cun orzamento de 140.000 euros.

Fotos arquivo-Ovidio Rodeiro en visitas a Laracha e Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos