7.8 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

XXXVII Festa da Pataca en Coristanco

A regueifeira Lupe Blanco será a encargada da lectura do pregón. Organiza o concello de Coristanco. Sábado e domingo 16 e 17 de setembro.

Lupe Blanco, pregoeira

@cristobalmourin

Como cada mes de setembro hai unha fin de semana ben marcada no calendario festeiro da bisbarra de Bergantiños e de toda a provincia, a Festa da Pataca. Este ano coincidiu cun cambio de goberno pero isto non impediu que a exaltación deste produto típico ofreza un cartel ateigado de actividades.

Unhas actividades que comenzarán o sábado 16 de setembro cunha concentración de coches clásicos, desde as 12 do mediodía na praza do concello. Desde as 17.00h haberá xogos infantís no mesmo lugar e dúas horas máis tarde no salón de actos do Edificio de Cultura presentarase “Lembranzas”, o álbum fotográfico da parroquia de Traba. Esta primeira xornada rematará coa actuación dunha orquestra no parque municipal.

Concursos, desfiles, degustación e música

Pero sen dúbida o día grande é o domingo 17 de setembro. A partir das 9,30 terá lugar a concentración de tractores engalanados na praza do concello e comenzarán os concursos gastronómicos, de produtos do campo, figuras con patacas e de empanadas. Posteriormente haberá un pasarrúas amenizado por unha charanga e unha banda de gaitas e as 11,30 os tractores engalanados desfilarán por Coristanco.

As 12,30 celebrarase unha misa cantada pola Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco e sobre as 13,00 a regueifeira Lupe Blanco procederá á lectura do pregón. Despois entregaranse os premios do concurso e as 14,00h abriranse os stands para a degustación de pataca na rúa do Muíño.

Desde as  16,00h  haberá xogos infantís e xuvenís na mesma rúa e ás 17,00h será a quenda dos concursos do Baile da Pataca, Apaña Pataca, Trueiro da Pataca e Tiro da Corda.

A XXXVII Festa da Pataca rematará cun concerto de corais polifónicas e coa actuación dun grupo musical no parque municipal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos