Este vindeiro domingo 17 de setembro no Campo da Feira de Santa Comba.
fotos ACCEGA
A praza do Campo da Feira acollerá o vindeiro domingo 17 de setembro un certame gandeiro cabalar que se desenvolverá a partir das 10 da mañá cos concursos morfolóxicos de Pura Raza española, árabe, galega e razas cruzadas, seguindo o regulamento na asociación de cría cabalar ACCEGA.
Haberá tres premios para cada categoría que suman uns 700 euros en total. Para obter máis información ou inscribirse poden contactar co 638115005. Xa está confirmada a presenza de cabalos de Galicia e tamén de Castela-León.
Unha xornada chea de actividades
A xornada complétase con exhibicións ecuestres, unha ruta cabalar polos sendeiros de Santa Comba, un gran espectáculo ecuestre de Danza a cabalo(18,00h), e música tradicional.
Desde o concello destacan a tradición existente e a afición ao mundo do cabalo que existe en Santa Comba e na Terra do Xallas, polo que agardan que este evento sexa un éxito de afluencia de público e de participación.