4392 fans     1355 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Ingenieria Rodríguez

O PP denuncia a existencia dun vertedoiro na contorna do Platas Reinoso

O PP denuncia a existencia dun vertedoiro na contorna do Platas Reinoso

Costa da Morte | Publicada: 11/09/2017

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
19
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 22 segundos.

David Gómez:“Aos veciños obrigámoslles a ter que pagar un vaso ‘ecolóxico nas festas’, pero logo o alcalde sáltase todas as normas e sorpréndenos con que a mellor maneira de reciclar é tirar todo nunha parcela e tapalo con terra”.

O Partido Popular de Zas denunciou hoxe a existencia dun vertedoiro municipal “ilegal e incontrolado” na contorna do campo de fútbol Platas Reinoso de Baio, onde segundo os populares "se poden atopar restos de material de construción, diversos neumáticos, ferros e residuos de todo tipo".

David Gómez:"O alcalde sáltase todas as normas"

“Parece que no Concello de Zas hai dous tipos de política ambiental: unha a que pretende vender o alcalde, e outra a que pon verdadeiramente en práctica” manifestou o voceiro municipal David Gómez, que acusou ao alcalde Manuel Muíño de "enrolarse na bandeira do ecoloxismo"  e logo permitir estes depósitos de “calquera maneira e sen control” nunha parcela de titularidade municipal.Gómez Brandariz lembrou que o pasado mes de xuño xa denunciaron a existencia doutro "vertedoiro similar" en Zas.

Para o voceiro popular o alcalde actúa con "demagoxia", e citou o "vaso ecolóxico" usado na Festa da Carballeira. “Ao resto de veciños obrigámoslles a ter que pagar este vaso para cumprir co medio ambiente, pero logo o alcalde sáltase todas as normas e sorpréndenos con que a mellor maneira de reciclar é tirar todo nunha parcela e tapalo con terra” afirmou.

O Partido Popular de Zas insta ao goberno local a tomar cartas no asunto. En caso contrario dará coñecemento ao SEPRONA desta situación.“Igual o señor Muíño di agora que a culpa de todo isto é do Partido Popular que anda buscando os vertedoiros, ou que o asunto non é tan grave como para denuncialo, pero o certo é que os veciños están cansados de mentiras e de que se lles tome o pelo” declarou David Gómez.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 Ovidio Rodeiro inspecciona las mejoras en el camino jacobeo de Fisterra y Muxía

Ovidio Rodeiro inspecciona las mejoras en el camino jacobeo de Fisterra y Muxía

La Xunta destina cerca de 760.000 euros para mejorar el trazado jacobeo en la Costa da Morte.   El delegado…

Ler máis
Ángeles Vázquez visitó una explotación ganadera en Santa Comba

Ángeles Vázquez visitó una explotación ganadera en Santa Comba

Anuncia un nuevo pago de anticipos de las ayudas de la PAC esta misma semana. La conselleira de Medio Rural, Áng…

Ler máis
O concello de Zas asegura que o Servizo de  Axuda no Fogar é unha prioridade

O concello de Zas asegura que o Servizo de Axuda no Fogar é unha prioridade

Destina 200.000 euros a este servizo e lamenta as trabas da Xunta de Galicia.   O concello de Zas informa que…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
III Ciclo Teatro Santa Comba 2017
Semana Gandeira Mazaricos 2017
Navidad Gadis 2017
Enova Energia
CMAT
Concello de Dumbría
Centro de Ortodoncia e Implantologia Dr. J.M. Pose Rodríguez
Concello de Mazaricos
Concello de Neda
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
OndaHit
En breves

Adiante TV

Opinión

Isabel a porca ou Isabel la Católica

Daniel Lago

O vírus do nacionalismo, o veneno do nacionalismo,.. e assim por diante com muita, mais ou menos boa intenção, muita da mídia tem já por costume …

Daniel Lago
Ler máis

Ceas de empresa, tamén en galego

Xosé González Martínez

Chega o tempo das ceas de empresa como limiar das festas do nadal. As expectativas de negocio para os restaurantes seica van ser óptimas. Non é de e…

Xosé González Martínez
Ler máis

Patriotismo de pacotilla

Xosé Abelenda

Nunca tanto se escoitou falar da constitución como nestes últimos días. Unha España corrompida, antes que rompida. No estado español temos un par…

Xosé Abelenda
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información