4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Visita institucional de González Formoso ao concello de Cee

O presidente da Deputación destaca o “investimento histórico” dun Plan Único independente de “cores políticas”.

Acompañado por Pequeño Castro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Cee, onde supervisou algunhas das infraestruturas da localidade que serán melloradas con fondos provinciais. Estivo acompañado polo deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro.No concello foi recibido polo alcalde Ramón Vigo Sambade e polos voceiros do PsdeG e Ciudadanos, Margot Lamela e Plácido García Ínsua.

González Formoso destacou o “investimento histórico” do Plan Único que ofrece aos concellos “un financiamento local estable, independentemente da cor política do goberno municipal, e total autonomía á hora de decidir onde se invisten os fondos que achega a Deputación”. En Cee o investimento ascendeu a  645.585 euros.

Rehabilitación antiga escola de música e alumeado casco histórico 

O Presidente da Deputación visitou o edificio da antiga escola de música onde cunha partida de 122.630 euros estase rehabilitando o interior e o exterior da antiga escola de música, e onde se quere localizar unha Oficina de Emprego. Tamén percorreu as rúas do casco vello onde  se vai investir 123.802 euros  para mellorar o alumeado público das rúas Alvarellos Berrocal e Rosalía de Castro, rúa de Arriba e da propia praza da Constitución. 

Segundo Formoso esta mellora “contribuirá a revitalizar o casco histórico de Cee”. Dentro do Plan Único tamén se integran as obras de acondicionamento da praza de Xallas, melloras no edificio da escola infantil de Brens e limpeza e pavimentación de pistas en Lires e Canosa. Grazas ao mesmo plan, o concello de Cee amortiza 43.647 euros de débeda municipal e destina 85.677 euros a financiar gasto corrente.

Piscina municipal e campo de fútbol

O presidente da Deputación tamén visitou a piscina municipal, que leva máis de ano e medio pechada e o campo de fútbol San Paio de Refoxos, onde se executan obras por importe de 60.990 euros con cargo ao Plan de Acción Social. González Formoso ofreceu o apoio técnico e económico para a piscina poida abrir canto antes.

Desde a Deputación lembran que ademais, a través do Plan de Emprego o concello de Cee recibiu 49.000 euros para a contratación de persoal, e que tamén nove empresas  puideron contratar persoal e tres novos emprendedores tamén recibiron apoio do goberno provincial.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos