Miguel Ángel Fernández Mirás:“Máis non se poido facer neses primeiros momentos, son cousas que pasan, a peza está completamente nova pero rebentou”.
O teniente de alcalde do concello de Malpica, Miguel Ángel Fernández Mirás, agradeceu o comportamento veciñal ante “unha catástrofe entre comiñas” que se viviu por mor dunha rotura na rede municipal da auga que provocou que se anegaran varias vivendas e garaxes da rúa Emilio González López, a altura do número 56. Víronse afectadas catro vivendas do edificio Illas Sisargas e o aparcamento subterráneo do edificio Cabo San Adrián.
“Foi impresionante as baldosas estalaron como castañas”
“Máis non se poido facer neses primeiros momentos – explicou Fernández- son cousas que pasan, a peza está completamente nova pero rebentou”. En declaracións a Radio Voz Bergantiños o concelleiro malpicán confirmou que un día despois “todo está controlado” e que se levaran a cabo as tarefas de limpeza que cambiaron a fotografía do martes aínda que “o dano está feito mas paredes, na pintura e nos mobles”.
“Hai un seguro e non vai a haber problema. Ninguén quere que pase isto nunha casa pero grazas a Deus vai a ter arreglo” declarou Fernández Mirás, que indicou que xa están en contacto cos peritos para que se executen as reparacións necesarias con cargo ao seguro de responsabilidade civil municipal.
“Foi impresionante as baldosas estalaron como castañas” comentou o edil do goberno.