Terra Galega:”O que contrataron, e nos venderon, foi un contrato de servizos de gabinete de Comunicación do Concello de Carballo, non do Goberno de Carballo”.
Fotos- Diario de Bergantiños – El Ideal Gallego
O grupo municipal de Terra Galega de Carballo denuncia a manipulación que segundo eles o goberno local fai da web municipal. Nun comunicado de prensa critican a publicación “dunha crónica totalmente partidista” sobre a xuntanza do consello parroquial de Entrecruces na que “parece que só falou o alcalde”.
Tamén critican que na crónica publicada sobre o pleno celebrado o pasao luns “non se mencione, absolutamente nada, sobre os rogos e preguntas formulados dende a oposición, cando prácticamente, a totalidade da sesión xirou entorno a isto”.De feito fan alusión as crónicas de La Voz de Galicia e o Diario de Bergantiños que destacan como aspecto importante da sesión a quenda de rogos e preguntas.
Desde Tega lembran que “o que contrataron, e nos venderon, foi un contrato de servizos de gabinete de Comunicación do Concello de Carballo, non do Goberno de Carballo”.
Gabinete de comunicación ao servizo do goberno
Tamén fan mención a o informe desfavorable de Intervención que alertaba “probablemente a realidade demostre que as funcións propias do empresario empregador serán desempeñadas desde os órganos políticos do concello e non desde a empresa adxudicataria” polo que se podería estar incorrendo nunha cesión de traballadores non permitida na lei.
“Os feitos están demostrando que o que buscaban era contratar un gabinete ao servizo do goberno, e non ao do Concello” sinalan desde Terra Galega.
-Sendo isto así, por que a persoa encargada de comunicación non se contratou como persoal eventual? Pretenden unha cesión da traballadora ao Concello, algo totalmente prohibido por lei?. O grupo político centrista remata con estas dúas preguntas o seu comunicado.