11.4 C
Santa Comba
miércoles, abril 24, 2024

Anegadas varias vivendas en Malpica

A rotura dunha tubaxe provoca danos importantes en varias vivendas e en aparcamentos subterráneos de Malpica.

A rotura dunha tubaxe da traída de auga provocou que varias vivendas resultaran anegadas na localidade de Malpica. Segundo Emerxencias de Galicia varias familias tiveron que ser realoxadas.Resultaron afectadas unhas catro vivendas de dous bloques de edificios e varias aparcamentos subterráneos ubicados a altura do número 56 da rúa Emilio González López.

Uns particulares alertaron sobre as 7:45 desta situación. Unha testemuña aseguraba que dun dos edificios “estaba saíndo auga e barro”. De seguido mobilizouse a efectivos da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros de Carballo e efectivos do GES de Ponteceso.

Desde o concello de Malpica informaron que houbo importantes danos e que a prioridade foi atender ás persoas afectadas. Despois os operarios municipais centráronse en restablecer o subministro de auga despois da rotura na rede principal.Ao parecer será o seguro de responsabilidade civil que ten o concello de Malpica o que se faga cargo destes cuantiosos danos. 

O Partido Socialista de Malpica difundiu un comunicado no que agarda que se solucionen os problemas no subministro e asimesmo se investigue as causas da rotura. Tamén agardan «que se reparen, canto antes, os danos ocasionados nos inmobles dos veciños afectados».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos