16.2 C
Santa Comba
jueves, noviembre 7, 2024

Caión prepárase para a romaría dos Milagros 2017

Este sábado comenza a novena. Armonía Show, Os Satélites e Royal espectáculo, no cartel festeiro dunha romaría declarada de interese turístico.

milagroscaion2017

A romaría dos Milagros de Caión mestura a paixón relixiosa coa festa, e de feito aínda que os festexos son o 7, 8,9 e 10 de setembro, a localidade xa empeza a recibir visitantes este sábado 2 de setembro co inicio da novena. 

Horario de misas en Caión

Sábado 2 de setembro

20,00h- Igrexa parroquial.

Domingo 3 de setembro

Misas na igrexa as 10, 11, e 12 . A continuación subida ao Santuario, acompañada pola agrupación musical Santísimo Cristo de la Buena Muerte, e misa solemne cantada pola coral polifónica de Corcoesto. Pola tarde misas ás 17,18,19 e 20,00h.

Os días 4,5,6 e 7 de setembro haberá misas de 10 a 12,00h e de 17,00 a 20,00h.

O venres(día dos Milagros). Misas ás 9,10,11 e 12h. Ás 13,00h misa solemne cantada pola coral de Bergantiños. Pola tarde misas ás 17,18,19 e 20,00h.

O sábado haberá misas de 10 a 12h e de 17,00 a 20,00h. E xa o domingo, 10 de setembro, haberá misas no santuario de 10 a 12,00h e de 17,00 a 20,00h.

Posteriormente terá lugar a baixada en procesión, acompañada pola banda de música de Cedeira, e oficiarase unha misa solemne na praza cantada pola coral de Caión. Misas ás 17,18,19 e 20,00h.

armoniashow

Armonía Show, Os Satélites, Royal Espectáculo e Triunfo nos Milagros 2017

Xa na parte lúdica, serán tres días de festa rachada que terán como preludio o Torneo de Chave Festa dos Milagros( domingo 3- 17,30h). A primeira verbena será o xoves 7 coa actuación da orquestra canaria Armonía Show que está en Galicia coa súa xira “Que no pare la música” coa que celebran dúas décadas de existencia.

O día dos Milagros(venres 8 de setembro) haberá pasarrúas coa charanga Ruada, un tren turístico, sesión vermú co grupo Tribal, pola tarde Infantilandia Show e unha verbena con Os Satélites e unha discoteca móbil.

lossatelites2017

O sábado, o dúo Karmín encargaráse da sesión vermú. Ás 18,00 terá lugar a carreira de carrilanchas, e posteriormente a actuación do grupo de música e baile tradicional da asociación “Arume” de Caión(20,30h). A verbena contará coa actuación da orquestra portuguesa Royal espectáculo e dunha discoteca móbil.

O domingo tamén haberá sesión vermú, ás 18,00 actuará o mago Romarís e remataranse os festexos cunha verbena co grupo Triunfo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos