8.1 C
Santa Comba
jueves, diciembre 4, 2025

Alfonso Rueda:»Todo parece indicar que aquí as cousas van saíndo»

Visita do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao concello de Santa Comba.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou o concello de Santa Comba, onde foi recibido pola alcaldesa María Pose, e os concelleiros Javier Facal, José Pose, Esther Espasandín e José García. Chegou acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias, e o delegado territorial, Ovidio Rodeiro.

En primeiro lugar visitou o complexo deportivo de Fontenla (a piscina municipal, o pavillón polideportivo e o campo de fútbol), onde por medio do Fondo de compensación ambiental a Xunta financiou a instalación de placas solares.Tamén se achegou á praza do campo da feira onde hai un parque infantil, construído dentro dun plan similar.

«Realizamos un esforzo importante nestes últimos anos con 14 proxectos que suman ó redor dun millón de euros. Non son grandes actuacións pero sí obras moi pensadas polos responsables do concello para dar servizos ós veciños» manifestou Alfonso Rueda. Pola súa banda a alcaldesa, María Pose, agradeceu o apoio do executivo galego. Con cargo ao «canon eólico» deste ano o concello mellorará os accesos a depuradora das Dornas, e adquirirá equipamento, como unha furgoneta, unha desbrozadora ou un cortacéspede.

O Vicepresidente trasladouse logo ao concello onde asinou no libro de honra e mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa María Pose e cos membros do seu goberno.»Cando hai traballo, esforzo e convencemento as cousas saen, e todo parece indicar que aquí as cousas van saíndo» escribiu Rueda no libro municipal, no que tamén asegurou que Santa Comba pode contar «coa Xunta de Galicia para traballar codo con codo co goberno municipal, ben o merecedes e Santa Comba tamén«.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos